Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

Virus da SIDA (VIH)

sábado, 5 de diciembre de 2015


1. DEFINICIÓN E CAUSAS

A SIDA é unha síndrome, a síndrome da inmunodeficiencia humana, causada polo VIH (virus da inmunodeficiencia humana). O virus exerce unha acción directa sobre o sistema inmunitario debilitándoo, polo que as persoas que o teñen, posúen un maior risco de padecer de infeccións ou cancro. Cabe destacar que unha vez a persoa ten o virus, este queda no seu organismo de por vida.
As principais causas/situacións polas cales se pode contraer a SIDA son as seguintes:
  • A compartición de agullas usadas nas persoas drogodepentes.
  • En bebés cuxas nais teñen a síndrome e non foron tratadas no embarazo.
  • Relacións sexuais non seguras, sen protección, con persoas que non coñecemos e/ou non sabemos se teñen ou non a SIDA.
  • Persoas que recibiron sangue ou hemoderivados nun intervalo temporal dende o ano 1977 ata 1985, xa que daquela non eran habituais as probas para detectar a enfermidade.

2. SÍNTOMAS

Os síntomas iniciais da SIDA son similares aos dun catarro ou gripe común (fatiga, hipertermia,...), tamén a diarrea, suoracións nocturnas ou o aumento dos ganglios linfáticos poden estar presentes durante a etapa inicial da sintomatoloxía. Cabe destacar que moitas persoas con VIH + non presentan síntomas ata moito tempo despois de contraer a infección, por iso o máis importante desta enfermidade é a prevención e o coñecemento das prácticas de risco.


3. PREVENCIÓN

A prevención para non contraer a SIDA consiste en evitar as relacións sexuais de alto risco e/ou usar métodos anticonceptivos de barreira tales como o preservativo, ademais de non compartir materiais que están en contacto co sangue dos pacientes infectados, tales como as agullas (moi comúns no caso de drogas que se administran por vía intravenosa coma a heroína).
Ademais disto a OMS aconsellou usar fármacos antirretrovirais en persoas que non padecen a patoloxía, sendo esta unha medida preventiva segura e maiormente eficaz. 
Compre facer un último apuntamento no que se refire ao que pode ser un dos grandes achazgos do século XXI, e é que para o ano 2016 está previsto probar en humanos dous tipos de vacinas terapéuticas contra a SIDA.




4. TRATAMENTO

O tratamento para as persoas que teñen SIDA, consiste en menciñas que fan que o virus non se reproduza, é dicir, tratamento antirretroviral. Dito tratamento comézase con todas as persoas que están infectadas polo VIH. O obxectivo do tratamento é reducir o virus en sangue de forma que esté suprimido ou en niveis moi baixos, para isto, débense realizar cada certo tempo exames sanguíneos para comprobar que o tratamento está facendo efecto e que o virus non se detecta nas probas, o que se denomina carga viral indetectable.


Fontes: 





http://www.who.int/features/qa/71/es/



https://www.cruzroja.es/vih/



https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/hivaids.html



http://www.infosida.es/




http://www.monografias.com/trabajos5/sida/sida.shtml


http://www.fesal.org.sv/2003/informe/final/espanol/graficas/22/22.3a.jpg






0 comentarios:

Publicar un comentario