Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

COLECISTECTOMÍA

martes, 8 de diciembre de 2015


A  vesícula biliar é un órgano situado no lado dereito do abdome, xusto por debaixo do fígado, a súa función é almacenar a bile que fabrica o fígado e trasladala ao intestino delgado, máis concretamente ao duodeno, a través dos conductos cístico e biliar común, Unha vez alí, a bile axudará a emulsionar as grasas que inxerimos.
No caso de que haxa inflamación e/ou infección da vesícula, a cal adoita darse a causa da Escherichia coli, estamos falando dunha colecistite, que tamén se pode asociar a un cálculo que obstrúa o conducto cístico.
Unha vez o médico diagnostica a colecistite, o que hai que facer é operar, é dicir, extirpar a vesícula infectada. Para isto, hai dous procedementos cirúrxicos básicos, a laparoscopia e a cirurxía aberta.

  1. Laparoscopia: a técnica laparoscópica (é a máis común) consiste en realizar catro perforacións minúsculas a nivel umbilical, por unha delas introducirase unha cámara a través da cal se poderá controlar e monitorizar a operación, e polos buratos restantes meteranse os instrumentos cirúrxicos precisos para levar a cabo a cirurxía. O procedemento da operación consiste en localizar primeiro mediante a cámara onde está a vesícula, posteriormente cortar os vasos e conductos e por último extirpar a vesícula. A continuación, pecharanse as perforacións mediante puntos de sutura ou cinta cirúrxica.
  2. Cirurxía aberta: a día de hoxe só se utiliza nalgúns casos e situacións especiais nos que é imposible realizar a laparoscopia, ben con pacientes con obesidade, con cicatrices densas doutras cirurxías, ou se hai sangrado ao iniciar unha laparoscopia. A técnica consiste principalmente primeiro en separar o fígado un pouco para poder observar onde está a vesícula e ser capaces de acceder e actuar sobre ela con comodidade, logo cortaremos os vasos e os conductos e por último extirparase a vesícula. Ao día seguinte colocarémoslle ao paciente un tubo de drenaxe para que poida eliminar os fluídos ao exterior.


Fontes:

https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/esp_presentations/100021_1.htm







0 comentarios:

Publicar un comentario