Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.
Mostrando entradas con la etiqueta diagnóstico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta diagnóstico. Mostrar todas las entradas

AMILOIDOSE

viernes, 27 de noviembre de 2015


1. DEFINICIÓN, TIPOS E CAUSAS

Definimos amiloidose como a enfermidade que ocorre cando unhas proteínas anormais chamadas amieloides, fabricadas polas células médula ósea, se depositan nalgún órgano. Afecta a diferentes órganos e hai diferentes tipos. O máis frecuente é que se produza nos seguintes: corazón, riles, fígado, bazo, sistema nervioso e tracto gastrointestinal.
Os tipos de amiloidose que existen son:
  • Amiloidose Primaria: pode afectar a moitas áreas corporais, como as citadas no anterior parágrafo. Non está asociada a outras enfermidades, a excepción do mieloma múltiple que é un tipo de cancro da médula ósea. Non se coñece a causa exacta pero sábese que o sitio onde comeza é a médula ósea que produce proteínas como anticorpos que despois non é capaz de reciclar e que pasan ao sangue por onde transcorren ata que chegan a algún tecido onde se acumulan como amieloides. Así se dá o comezo da enfermidade.
  • Amieloidose secundaria: como o seu nome indica, é secundaria, aparece con enfermidades como por exemplo a tuberculose ou a osteomielite. Afecta sobre todo a riles, fígado, bazo e ganglios linfáticos. Tratando a enfermidade subxacente pódese deter a súa progresión.
  • Amieloidose hereditaria: adoita afectar a fígado, nervios, corazón e riles.




2. FACTORES DE RISCO

Entre os factores que incrementan o risco de padecer esta enfermidade atopámonos con que os máis destacados son:
  1. A idade, pois aparece con máis frecuencia en persoas maiores de 60 anos.
  2. A existencia de enfermidades crónicas infecciosas ou inflamatorias (como a tuberculose ou o mieloma múltiple).
  3. Antecedentes familiares, no caso de que a amiloidose sexa de tipo xenético.
  4. Diálise renal, pois esta non é capaz de eliminar as grandes proteínas que circulan polo torrente sanguíneo, polo que hai máis risco de acumulación de amiloides nos órganos e que se desenvolva así a patoloxía.

3. SÍNTOMAS DA AMILOIDOSE
A sintomatoloxía desta doenza varía segundo o órgano que se ve afectado, así, dependendo de a onde afecte esta enfermidade terá uns ou outros síntomas. Facendo unha mistura dos principais síntomas en cada área afectada, atopámonos con que os principais síntomas son : ritmo cardíaco anormal, inchazón lingual, cansazo, entumecemento de mans e pés, dificultade respiratoria, cambios na pel, problemas ao tragar o alimento, perda de peso, diminución do gasto urinario, dor articular,...

4. DIAGNÓSTICO
Diagnosticar esta enfermidade é complexo, pois hai un amplo abano de síntomas e signos debido ás diferentes zonas ás que pode afectar. Así, a única forma de confirmar o diagnóstico tras a sospeita de que o paciente poda padecer amiloidose, é coa realización dunha biopsia que tinguiremos con vermello Congo e mirando se co microscopio podemos observar unha birrefrixencia de cor verde característica do propio amiloide. As mellores localizacións para facer a biopsia son a graxa abdominal e a mucosa rectal, ademais de outras menos eficaces ou accesibles coma encías, pel, nervios...



5. TRATAMENTO



Debemos aplicar distintos tratamentos segundo o tipo de amiloidose que contraera o paciente.
-Para tratar a amiloidose primaria, podemos utilizar axentes de quimioterapia coma o melfalán ou a ciclofosfamida e a dexametasona que é un corticoesteroide usado como antiinflamatorio ou ser receptores dun transplante de células nai de sangue periférica. Ademais estanse poñendo a proba outros tratamentos experimentais que consistirían en quimioterapia parecida á aplicable na loita contra un cancro.
-Para tratar a amiloidose secundaria debemos combater a enfermidade subxacente canto antes para eliminar a amiloidose secundaria a esa enfermidade.
-No caso da amiloidose hereditaria, o máis común é un transplante de fígado xa que nel se atopa a proteína que causa este tipo de amiloidose.



Fontes:

https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000533.htm

http://amiloidosis.org/

http://www.institutferran.org/amiloidosis.htm

http://www.cun.es/enfermedades-tratamientos/enfermedades/amiloidosis

http://sisbib.unmsm.edu.pe/BVRevistas/spmi/v09n3/trab_orig.htm