Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.
Mostrando entradas con la etiqueta enfermidade por refluxo gastroesofáxico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enfermidade por refluxo gastroesofáxico. Mostrar todas las entradas

ESCLERODERMIA (ESCLEROSE SISTÉMICA)

lunes, 23 de noviembre de 2015


1. QUE É A ESCLERODERMIA E A QUE PERSOAS AFECTA

A esclerodermia, tamén coñecida coma esclerose sistémica, é un conxunto de enfermidades pouco comúns que provocan o endurecemento da pel e o tecido conectivo adxacente. Pode ser localizada se o seu efecto se dá só na pel, ou sistémica, máis perigosa e que chega a danar órganos internos coma pulmóns, tracto dixestivo,...

Cando falamos desta patoloxía, cabe destacar que é unha enfermidade non contaxiosa que contraen máis frecuentemente as mulleres, pero que pode darse en persoas de calquera idade. No referente á localizada, padécena máis os europeos e adoita aparecer antes dos 40 anos; en cambio, a esclerodermia sistémica está máis estendida nun intervalo de idade entre 30 e 50 anos de persoas aforamericanas ca de europeos.


2. TIPOS


  • Preesclerodermia: nesta forma, atopamos o fenómeno de Raynauld (do que falaremos máis adiante na parte de diagnóstico), alteracións nos capilares, os AAN son positivos e é normal que haxa certo grao de isquemia nos dedos-
  • Forma limitada: fenómeno de Raynauld moi evolucionado, afección cutánea en mans, antebrazos e cara, e as vísceras son danadas tras un período longo de tempo.
  • Forma difusa: fenómeno de Raynauld recente, a pel do tronco e das extremidades é afectada e as vísceras sofren os efectos da enfermidade de forma rápida.
  • Esclerodermia sine esclerodermia: o fenómeno de Raynauld non ten porque se manifestar, non hai dano cutáneo pero si dos órganos internos, AAN positivos.

3. CAUSAS E SÍNTOMAS

O acúmulo de coláxeno nos tecidos do corpo cando este se produce en cantidades que superan os límites máximos,  é o que produce a esclerodermia. Pese a que non se coñece con certeza o que fai que se produza dunha forma anormal, crese que o sistema inmune ten unha relevante actuación neste feito, volvéndose contra o organismo provocando inflamación e produción de coláxeno en exceso.
Os síntomas máis destacables da esclerose sistémica, aínda que varían segundo os sistemas cos que están relacionados, en liñas xerais son:

  • Fenómeno de Raynauld: consiste nunha hipersensibilidade ao frío ou ao estrés emocional, isto fai que se contraian os vasos en pés e mans, causando dor, entumecemento e distinta cor nos dedos.
  • Enfermidade por refluxo gastroesofáxico (ERGE): refluxo ácedo e problemas de absorción de nutrientes se os músculos intestinales non funcionan correctamente.
  • Cambios na pel: inchazón en dedos e mans, engrosamento da pel de dedos e mans e arredor de cara e boca.

4. COMPLICACIÓNS

A causa de morte máis estendida entre as persoas con esta patoloxía é a fibrose pulmonar ou cicatrización dos pulmóns,
Outras complicaciñons propias da esclerodermia son: cancro, insuficiencia cardíaca, hipertensión pulmonar, insuficiencia renal e mala absorción dos nutrientes.


5. DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO

O fenómeno de Raynauld, que a pel se volva dura nos dedos, e o trastorno esofáxico son os tres principais argumentos para pensarmos que o paciente ten unha esclerodermia. Así mesmo, certas probas de laboratorio coma a dos anticorpos antinucleares (AAN) axúdannos aínda de forma máis precisa a diagnosticar a enfermidade.
No referente ao tratamento cabe destacar que hai varias formas para tratar a esclerodermia:
  • Con medicamentos que dilaten os vasos sanguíneos (para evitar problemas nos pulmóns e tratar a enfermidade de Raynauld) e/ou con medicamentos que suprimeno sistema inmune que axudan a reducir os síntomas.
  • Con terapia física ou ocupacional e/ou con procedementos cosméticos para combater as lesións tisulares.
  • Con cirurxía de amputación no caso de que as úlceras causadas pola enfermidade de Raynauld desenvolvesen gangrena; con transplante de pulmón no paciente que sufra hipertensión pulmonar.