Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.
Mostrando entradas con la etiqueta pielonefrite crónica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pielonefrite crónica. Mostrar todas las entradas

PIELONEFRITE

miércoles, 25 de noviembre de 2015


1. DEFINICIÓN E TIPOS

A pielonefrite é unha infección do tracto urinario que adoita comezar na uretra ou na vexiga e posteriormente se estende ata os riles.
Pode ser aguda, que consiste nunha inflamación case repentina do ril e que polo xeral cun tratamento axeitado non xera problema algún; ou crónica, a cal presenta máis risco de complicacións como unha infección que se estenda por todo o corpo e/ou insuficiencia renal.


2. CAUSAS

  1. Os microorganismos da flora fecal atravesan os uréteres.
  2. A través do sangue por axentes patóxenos coma Staphylococcus aureus, Pseudomonas aeruginosa, Salmonella spp e Mycobacterium tuberculosis.
  3. A Escherichia Coli, é a causa máis frecuente das enfermidades urolóxicas (en relación co punto 1).
  4. Complicacións de sondas vesicais, manipulación recente da vía urinaria,...

3.SÍNTOMAS


Os principais síntomas dunha pielonefrite aguda son:
  • Febre alta
  • Dor abdominal (con irradiación no lombo)
  • Náuseas e vómitos
  • Hematuria sobre todo nos casos de sexo feminino
  • Cambio de estado mental, desequilibrios noutros sistemas corporais e deterioro xeralizado en anciáns

Os síntomas máis estendidos na pielonefrite crónica son
  • Dor abdominal
  • Febre, perda de peso, falta de apetito e malestar (signos de infección)
  • Hematuria
Síntomas máis frecuentes da Pielonefrite Aguda nunha mostra de afectados


4. DIAGNÓSTICO DIFERENCIAL

Para o correcto diagnóstico desta patoloxía, axudarémonos de diversas probas tales como:
    -Exame físico (dor e sensibilidade na zona dos riles)
    -Análise de ouriños (presencia de certas células sanguíneas)
    -Cultivos (que confirmen se hai bacterias nos ouriños)
    -Ecografía abdominal
    -Urografía

5. TRATAMENTO
Hai diferentes métodos para tratar a pielonefrite segundo proceda. Os antibióticos para controlar a infección bacteriana que ademais serán administrados por vía intravenosa no caso de que a infección sexa realmente grave. Contra a dor, a febre e o malestar, usaranse analxésicos. Soro intravenoso nos primeiros días para hidratar e propiciar a rápida chegada dos medicamentos aos riles. 

Fontes: