Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.
Mostrando entradas con la etiqueta tecido conxuntivo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tecido conxuntivo. Mostrar todas las entradas

ENFERMIDADE MIXTA DO TECIDO CONECTIVO (EMTC)

sábado, 28 de noviembre de 2015


1. QUE É A EMTC? CAUSAS

A enfermidade mixta do tecido conectivo (ou conxuntivo) é un trastorno pouco frecuente de dito tecido no cal se combinan signos clínicos de catro enfermidades diferentes como son o lupus eritematoso sistémico, a esclerodermia, a poliomitose e a artrite reumoide. 
Non hai datos que nos informen da prevalencia exacta desta enfermidade, tan só se sabe que en Xapón afecta a 1 de cada 37.000 habitantes e que aparece con moita máis frecuencia no xénero femimino, pois por cada dez mulleres afectadas tan só hai un home que a padece. Ademais, non hai unha predisposición especial a padecela por parte de ningún grupo étnico, e o rango de idade da súa aparición oscila entre entre os 15 e os 35 anos.
Hoxe en día, non se sabe que é o que causa esta enfermidade, pero observouse nos pacientes que a sofren, que teñen respostas linfocitarias B e T anormais contra antíxenos que o propio corpo fabrica, polo que se cre que por aí se pode abrir unha boa liña de investigación da causa da enfermidade.


2. SÍNTOMAS

Os principais signos e síntomas que presentan as persoas enfermas por EMTC son os seguintes:
  1. Manifestacións musculocutáneas. O fenómeno de Raynauld, que se pode agravar se aparece gangrena na punta dos dedos, a esclerodactilia con inchazón do dorso das mans e as alteracións da pel facial (moi parecidas ás da esclerose sistémica).
  2. Manifestacións musculoesqueléticas. Moi habitual que apareza artrite (90% dos casos) simétrica e que afectan as articulacións da man (interfalánxicas e metacarpofalánxicas) e do xeonllo. Estas lesións poden deformar e erosionar a zona. Ademais é tamén frecuente que haxa nestes pacientes síntomas parecidos aos da polimiosite (inflamación dos músculos esqueléticos).
  3. Manifestacións pulmonares. Sobre todo alteracións asintomáticas na capacidade de difusión do CO .
  4. Manifestacións a nivel cardíaco. Só un 20% dos pacientes as presentan, e inclúense algunhas cunha gran mortalidade nestes casos como a miocardite e a insuficiencia cardíaca conxestiva.
  5. Manifestacións dixestivas. Parecidas ás que sofren as persoas con esclerose sistémica. Así, algunhas delas son a perda do peristaltismo esofáxico, a malabsorción a nivel ileal e a diverticulite crónica.
  6. Manifestacións neuropsiquiátricas. Sobre un 55% dos afectados sofren este tipo de manifestacións, tales como a meninxite aséptica, a neuralxia do trixémino, psicose, convulsións,...

3. DIAGNÓSTICO

O diagnosticar esta patoloxía non é unha tarefa sinxela xa que moitas das manifestacións que esta doenza presenta se solapan ou sobrepoñen entre elas. É por iso que o diagnóstico se debe de basear en moitos criterios, o que dificulta o proceso. Malia isto, a maior sospeita de que un paciente padece esta enfermidade está na aparición das principais manifestacións clínicas en ausencia de anticorpos anti-U1-RNP que adoitan estar asociados ao fenómeno de Raynauld, polo que máis tarde si que aparecerán.


4. TRATAMENTO

Para comezar a tratar esta enfermidade, o primeiro que debemos ter en conta é que unha boa dieta é fundamental, nestes casos recoméndase que se inxiran alimentos baixos en graxas e con pouco sal. Ademais, temos que advertir aos pacientes de que non estén expostos ao frío e no caso de que o fagan, estén ben abrigados para diminuír os síntomas do fenómeno de Raynauld.
O obxectivo principal do tratamento será o control das manifestacións da EMTC e que dentro do posible a calidade de vida do paciente tratado sexa o mellor posible, é dicir, que os síntomas apenas se noten e poida realizar dunha maneira relativamente normal as actividades habituais da vida diaria.
Usaranse para isto, se é preciso e sempre con prescripción médica, antiinflamatorios non esteroideos (sobre todo en nenos) en persoas con enfermidade leve para reducir a dor músculo-esquelética e a artrite, corticoides para os pacientes con elevado número de anticorpos anti-DNA e manifestacións propias da esclerodermia, e axentes inmunosupresores que son de gran utilidade sobre todo en pacientes con nefrite.





Fontes: