Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

ARTRITE IDIOPÁTICA XUVENIL (AIX)

sábado, 21 de noviembre de 2015


1. ENFERMIDADE E PRIMEIROS SÍNTOMAS

A artrite consiste nunha inflamación das articulacións. Dita inflamación produce dor, rixidez, inchazón e dificultade par mover as articulacións. Esta artrite pode ter unha cronicidade mensual ou ao longo dos anos.
Falamos de artrite xuvenil cando esta inflamación se dá en xóvenes con menos de 16 anos de idade. Esta enfermidade está moi estendida nos Estados Unidos, ademais, aparece ligada a outras patoloxías relacionadas coa columna vertebral, a pel,... Pertence ao grupo de enfermidades non contaxiosas e as súas causas son descoñecidas pero estase investiando actualmente se o factor xenético é determinante na aparición e desnvolvemento desta enfermidade.
A existencia da inflamación, causa e consecuencia directa desta doenza, afecta ao sistema inmunolóxico da persoa afectada, que funciona mal, danando así as articulacións. É por este motivo que é considerada como unha enfermidade autoinnmune. Os síntomas máis comúns de inflamación das articulacións son: pel arroibada, inchazón, calor, sensibilidade ao tacto e dor; é moi importante coñecer esta sintomatoloxía pois un diagnóstico precoz da enfermidade é fundamental para evitar un dano considerable nas articulacións.




2.TIPO
  • AIX poliarticular: afecta maioritariamente a nenas e as articulacións máis afectadas son os xeonllos, as bonecas e os nocellos. Adoita presentarse na mesma articulación en ambos lados do corpo.
  • AIX pauciarticular: dáse principalmente nos mesmos lugares que o tipo anterior, mais neste caso só se presenta na articulación dun lado do corpo e pode xerar uveite (inflamación dos ollos) sobre todo en nenas.
  • AIX sistémica: en nenos e nenas por igual. Causa febres que duran semanas ou meses nalgúns casos e erupción cutánea en lugares coma o peito e as coxas.

3. COMPLICACIÓNS
  1. Desgaste e/ou destrución das articulacións
  2. Lenta taxa de crecemento e crecemento desigual nas extremidades
  3. Uveite crónica
  4. Pericardite, anemia e dor crónica
  5. Ausentismo escolar

4. TRATAMENTO

No que ao tratamento se refire, depende da agresividade da artrite e do grao de afectación desta na persoa, así, o tratamento para estes caso abarca dende o simple uso de antiinflamatorios ata inmunosupresores ou a proba da terapia experimental no casos máis graves.



Fontes:





http://www.scielo.sa.cr/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1017-85462004000100003

https://www.youtube.com/watch?v=YVbGMslujEw










0 comentarios:

Publicar un comentario