1. DEFINICIÓN E TIPOS
A pielonefrite é unha
infección do tracto urinario que adoita comezar na uretra ou na
vexiga e posteriormente se estende ata os riles.
Pode ser aguda, que
consiste nunha inflamación case repentina do ril e que polo xeral
cun tratamento axeitado non xera problema algún; ou crónica, a cal
presenta máis risco de complicacións como unha infección que se
estenda por todo o corpo e/ou insuficiencia renal.
2. CAUSAS
-
Os microorganismos da flora fecal atravesan os uréteres.
-
A través do sangue por axentes patóxenos coma Staphylococcus aureus, Pseudomonas aeruginosa, Salmonella spp e Mycobacterium tuberculosis.
-
A Escherichia Coli, é a causa máis frecuente das enfermidades urolóxicas (en relación co punto 1).
-
Complicacións de sondas vesicais, manipulación recente da vía urinaria,...
Os
principais síntomas dunha pielonefrite aguda son:
- Febre alta
- Dor abdominal (con irradiación no lombo)
- Náuseas e vómitos
- Hematuria sobre todo nos casos de sexo feminino
- Cambio de estado mental, desequilibrios noutros sistemas corporais e deterioro xeralizado en anciáns
Os síntomas máis estendidos na pielonefrite crónica son
- Dor abdominal
- Febre, perda de peso, falta de apetito e malestar (signos de infección)
- Hematuria
Síntomas máis frecuentes da Pielonefrite Aguda nunha mostra de afectados |
Para
o correcto diagnóstico desta patoloxía, axudarémonos de diversas
probas tales como:
5. TRATAMENTO
-Exame físico (dor e sensibilidade na zona
dos riles)
-Análise
de ouriños (presencia de certas células sanguíneas)
-Cultivos
(que confirmen se hai bacterias nos ouriños)
-Ecografía
abdominal
-Urografía
5. TRATAMENTO
Hai
diferentes métodos para tratar a pielonefrite segundo proceda. Os
antibióticos para controlar a infección bacteriana que ademais
serán administrados por vía intravenosa no caso de que a infección
sexa realmente grave. Contra a dor, a febre e o malestar, usaranse
analxésicos. Soro intravenoso nos primeiros días para hidratar e
propiciar a rápida chegada dos medicamentos aos riles.
Fontes:
0 comentarios:
Publicar un comentario