Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

MIELOMENINGOCELE

domingo, 29 de noviembre de 2015


1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS

A mielomeningocele é un trastorno conxénito no cal a columna vertebral e a canle medular non se pechan antes do nacemento, o que provoca que a médula espiñal e as meninxes sobresaian polo lombo do neno que a padece. Isto débese a que os ósos da columna non se forman totalmente e polo tanto a canle medular queda incompleta.
Esta enfermidade representa un 75% dos casos de espiña bífida e afecta aproximadamente a 1 de cada 800 nenos.




2. CAUSAS

Non se ten coñecemento algún sobre cal é o causante desta enfermidade, mais o que está case que de todo claro, é que a deficiencia de ácido fólico ten moita relación coa patoloxía e que ten que ver cos defectos do conducto neural.
Outras teorías falan de que é causada por un virus (baseándose en que o defecto é maior en nenos que nacen nos primeiros meses de inverno) ou que se debe a importantes factores ambientais como a radiación.


3. SÍNTOMAS E SIGNOS

Manifestacións subxacentes á malformación:
  • Parálise por debaixo da lesión, máis grave canto máis alta esté localizada a lesión. Cabe destacar que se se produce a nivel occipital é imposible evitar a morte.
  • Deformidades ortopédicas coma o pé varp, flexo de xeonllo, luxación de cadeira, escoliose,...
  • Alteracións vesico esfiterianas como a incontinencia ou a retención urinarias.
- Manifestaciñons supraxacentes:
  • Hidrocefalia presente no 80% dos casos.
  • Malformación de Arnold-Chiari tipo II, que consiste en que a protuberancia, o IV ventrículo e a vermix cerebelosa se desprazan a través do foramen magno. Isto produce parálise e as funcións superiores pódense ver afectadas (lentitude, coordinación,...).
- Manifestacións de carácter xeral:
  • Alteracións endocrinas como o testículo ectópico ou a puberdade precoz nas nenas.
  • Reacción alérxica ao látex.
  • Sobrecarga ponderal.

4. TRATAMENTO


Nalgúns casos nos cales é detectada a tempo a mielomeningocele durante o embarazo, cabe como posibilidade cercana contemplar o aborto terapéutico.Unha vez nacido o individuo, recoméndase unha intervención cirúrxica precisa para remediar o defecto, mais temos que ter moito coidado para minimizar o dano á médula espiñal que se atopa exposta.En nenos que manifesten hidrocefalia é moi frecuente colocar unha derivación ventriculoperitoneal para a correcta drenaxe do líquido cefalorraquídeo en exceso. En casos de risco de infeccións urinarias ou de meninxite, usaranse antibióticos para previr.Para os nenos con problemas de vexiga ou intestinais consecuencia desta patoloxía, accións como facer presións na zona vesical para axudar a drenar e realizar unha dieta rica en fibra, son totalmente beneficiosas e de gran axuda. Así mesmo, os problemas articulares e musculares, pódense tratar con dispositivos ortopédicos ou con tratamentos fisioterapéuticos.

Fontes:



0 comentarios:

Publicar un comentario