Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

ENDOCARDITE

domingo, 22 de noviembre de 2015


1. INTRODUCIÓN

A endocardite é unha inflamación das válvulas do corazón debido a microogranismos infecciosos coma as bacterias. Ditas válvulas impiden o refluxo de sangue, enviándoa nun só sentido e son catro: mitral, tricúspide, aórtica e pulmonar; atópanse no endocardio que é a parte máis interna do corazón, de aí ven o nome da enfermidade. Como consecuencia dos axentes infecciosos que hai nelas cando un individuo sofre a enfermidade, o corazón bombea sangue con estes antíxenos que van a través das arterias e poden chegar e afectar a diferentes órganos. 
A poboación que máis predisposición ten a padecer esta doenza, é a que xa tivo previamente unha patoloxía do corazón, os homes (que a padecen máis que as mulleres) e aínda que en canto a idade non hai diferenzas, cabe destacar que é moi pouco probable que un neno ou nena a a padeza. Consecuencia desta enfermidade é a aparición de FOD (Febre de Orixe Descoñecida), pero se se diagnostica a endocardite rapidamente, o pronóstico será moito máis optimista.


2. CAUSAS E PROBLEMÁTICA

A endocardite é ou pode ser causada por bacterias, fungos ou calquera outro tipo de patóxeno que estén presentes na corrente sanguínea, na cal entran por exemplo tras un procedemento cirúrxico ou dental.
Nunha maioría de individuos, a presenza de microorganismos no sangue non supón problema algún. O problema ven cando por este motivo, algunha das válvulas do corazón se dana e o corpo envía células e substancias coma inmunocitos, plaquetas ou fibrina, como resposta inmunitaria, o que provoca que os microorganismos sexan atrapados por estas células e queden así presentes na corrente sanguínea formando acúmulos de tecido no corazón e sobre as válvulas, chamados vexetacións. Estas vexetacións presentan un risco importante pois se se desprenden e van á corrente sanguínea (o que se coñece como embolización) poden obstruír un vaso, o que reduciría o fluxo de sangue e impediría o correcto abastecemento de osíxeno a algunhas rexións corporais.


3. SÍNTOMAS MÁIS HABITUAIS

Dependendo da cronicidade da enfermidade, é dicir, do tempo que a persoa leva afectada por mor dunha endocardite, os síntomas varían.
Así, nunha endocardite aguda (a infección está recente) a persoa pode presentar febre, suoración nocturna, dor xeral e fatiga.
Se en cambio, a endocardite é crónica (varios meses) os síntomas máis comúns serían: calafríos, febre, cansazo, perda de peso, dor en articulacións e suoración nocturna.
Algúns outros síntomas que aparecen tamén con bastante frecuencia son as chamadas lesións de Janeway, que consisten na aparición de manchas vermellas nas palmas das mans e nas plantas dos pés, e nódulos de Osler, que son lesións dolorosas nas puntas dos dedos e das dedas.

Nódulo de Osler / Mancha de Janeway


4. DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO




Fontes:

https://www.youtube.com/watch?v=vGzDXaXtRGI










0 comentarios:

Publicar un comentario