Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

TUBERCULOSE

jueves, 19 de noviembre de 2015



1. Definición e tipos

Coñécese como tuberculose ou bacilo de Koch, á infección de tipo contaxiosa que produce no noso organismo a bacteria Myobacterium Tuberculosis. 
Dentro da tuberculose distinguimos dous tipos:
   -a localizada, que ademais de no pulmón, pode situarse en lugares do noso corpo coma os riles, o        cerebro, a pel e/ou o tracto gastrointestinal
  -a diseminada, cando a bacteria pasa ao sangue e pode alcanzar múltiples órganos á vez, o cal é moi   perigoso e adoita darse en persoas cuxo sistema inmune está seriamente afectado. 


2. Prevalencia e contaxio da enfermidade

Unhas 1.772 millóns de persoas, é dicir, un tercio da poboación mundial total están infectadas pola tuberculose. En África é onde maior seriedade alcanza o problema, pois neste continente é onde se rexistran un 29% de casos mundiais e un 34% das mortes causadas por esta patoloxía.
O contaxio da enfermidade depende de varios factores, entre os que destacan por norma o contacto prolongado cunha persoa infectada, e o estar con persoas que a padecen en lugares pechados e mal ventilados. Isto débese a que a forma de contaxio é por inhalación de gotas microscópicas de saliva (aerosois) da persoa infectada coa que tivemos contacto. Por este motivo, é máis probable contraer a tuberculose en lugares onde abundan a pobreza e as malas condicións sanitarias. Malia isto, o contacto con estas persoas infectadas non quere dicir que vaiamos a contaxiarnos con toda seguridade, a susceptibilidade da persoa sa tamén inflúe e estímase que un 90% dos pacientes non a desenvolverán debido a que o seu sistema inmunitario é capaz de destruír as bacterias ou ben mantelas baixo control (o que se denomina infección latente).




3. Síntomatoloxía e tratamento

Na fase primaria da enfermidade, non se manifestan síntomas. Cando os síntomas comezan a aparecer, os máis comúns son: dificultade á hora de respirar, dor no peito, tose con ou sen expectoración mucosa e/ou con sangue, suoración, cansazo, febre, perda do peso corporal e sibilancias.
Os tratamentos habituais consisten na inxesta dunha serie de fármacos durante un intervalo amplo de tempo (por exemplo 6 meses). Os máis usados son a isoniazida (INH), rifampicina (RIF), etambutol (EMB) e piramizinamida (PZA), todos eles destinados a combater contra as bacterias presentes no noso organismo que son as que están causando a patoloxía.


4. Proba da tuberculina ou Mantoux

A proba da tuberculina ten como obxectivo diagnosticar unha infección activa ou pasada e coñecer a prevalencia e a incidencai desta infección nunha poboación.
O método de realización consiste en identificar ao paciente ao que se lle vai a realizar como o paciente correcto, extraercoa xeringa 0,1 mL de tuberculina do vial en que se atopa, pinchar no antebrazo cun ángulo duns 15% xa que é unha inxección intradérmica e posteriormente rodear a pápula ou abón formado tras o pinchazo cun rotulador cutáneo.
Tras realizar a proba, indicámoslle ao paciente que non pode rascarse nin tocar de xeito habitual a zona onde se lle pinchou ata que o volvamos ver, 48 horas despois, para ver a reacción e poder facer un diagnóstico axeitado. 
Algúns aspectos relacionados co Mantoux que debemos destacar son:
  • Se hai unha induración na zona duns 5 mm, é probable que nos atopemos ante un caso positivo.
  • Para comprobar de forma eficaz se o resultado da proba é correcta, podemos realizar un IGRA, que consiste na extracción de sangue en dous tubos, posteriormente esa sangue analizarase para medir o grao de reacción do sistema inmunitario, o que nos axudará a determinar o diagnóstico final da enfermidade.
  • No caso de que a proba teña un resultado aparentemente negativo e a persoa sexa maior de 55 anos, esperarase 7 días e volverase realizar, isto é debido a que nestas persoas se pode producir o chamado efecto booster e que a primeira vez que se lle realiza a proba o resultado sexa un falso negativo, e en cambio na segunda vez o resultado sexa positivo.
  • Se xa tiveches a tuberculose e polo tanto a proba dou positiva, non debes volver a realizala.

Fontes:







Apuntes de Enfermaría Comunitaria I (2º grao de Enfermaría USC)

Prácticas Tuteladas I




















0 comentarios:

Publicar un comentario