Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

SEPSE (SEPTICEMIA)

lunes, 30 de noviembre de 2015


Denomínase sepse ou septicemia á resposta sistémica con finalidade defensiva, do organismo hóspede ante unha infección. O termo "provén dun vocablo grego que significa "putrefacción". 
A resposta inflamantoria xorde cando hai microbios que producen xeralmente dano endotelial. Os síntomas máis característicos da sepse son a elevada temperatura, os cambios na frecuencia respiratoria, as erupcións cutáneas e os calafríos.
A sepse é grave cando ademais dos síntomas normais, hai un ou máis órganos que ven a súa función afectada. Así, nalgúns casos pode chegar a darlle un shock séptico ao individuo afectado, o cal consiste nun estado anormal do corpo de tipo grave, cunha hipotensión prolongada a lo menos unhas dúas horas; deste xeito diminúen o suministro de osíxeno e a presión arterial, polo que habería que administrarlle ao paciente substancias vasoactivas para que estas situacións perigosas cederan.
A sepse neonatal é unha infección que se dá en bebés con menos de 90 días de vida. Os bebés varóns teñen unha maior predisposición a padecela e dáse sobre todo en países desenvolvidos. Así mesmo, dentro dela distinguimos a sepse neonatal de aparición temprana (na primeira semana de vida) e a sepse neonatal de aparición tardía (entre os 7 e os 90 dias tras o nacemento).
En casos graves de septicemia, podémonos atopar cun fallo multiorgánico, é por isto que o médico para previlo, o que fai é administrar un antibiótico de amplo espectro aos seus pacientes mentres espera o resultado de probas consistentes nun cultivo sanguíneo. Desta forma detecta o microorganismo que causa a sepse e en función de cal sexa escollera o medicamento máis efectivo.
Un dos inventos máis modernos e revolucionarios para tratar esta enfermidade, é un dispositivo que é quen de eliminar de forma rápida os patóxenos que están no sangue da persoa afectada. A función deste invento é a de facer de bazo artificial, retirando e recollendo de forma eficaz os microorganismos e as toxinas, deixando o organismo limpo de xérmenes. Unha vez o sangue é filtrado e as partículas nocivas residentes en ela son retiradas, devólvese ao corpo. Ademáis, esta ferramenta serve de diagnóstico, pois o seu fin principal é localizar o patóxeno que causa a sepse.




Fontes:


https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/sepsis.html

http://www.infosalus.com/actualidad/noticia-antibioticos-amplio-espectro-son-mas-eficaces-
controlar-infecciones-hospitalarias-experto-20080701172211.html

https://view.officeapps.live.com/op/view.aspx?
src=http%3A%2F%2Fwww.sepse.com.br%2Flatin%2Fartigos%2F4_b.doc

http://thebolus.org/wp-content/uploads/2012/11/sepsis.png

http://www.webconsultas.com/categoria/salud-al-dia/sepsis



0 comentarios:

Publicar un comentario