Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

DERMATOMIOSITE XUVENIL

martes, 24 de noviembre de 2015



1. DEFINICIÓN E INCIDENCIA

Denomínase Dermatomiosite Xuvenil (DMX) á enfermedade autoinmune que provoca inflamación nos vasos sanguíneos da pel e do/s músculo/s a idades moi tempranas, antes dos 16 anos.
 Adoita aparecer entre os 4 e os 10 anos e afecta máis ás nenas, en concreto hai o dobre de nenas que de nenos afectados.


2. CAUSAS E SÍNTOMAS

A causa desta enfermidade é totalmente descoñecida, pese a isto, algúns expertos cren que aparecen hai persoas que son xeneticamente susceptibles a padecela, e que ese factor sumado ao contacto con virus, químicos ou outros patóxenos, fai que se desenvolva a enfermidade.
No referente aos síntomas destacamos os seguintes:
  • Produción de proteínas (autoanticorpos) que atacan aos propios tecidos do corpo.
  • Anorexia, perda de peso, cansazo e febre como síntomas xerais.
  • Manifestacións musculares: debilidade e dor muscular, sensibilidade dolorosa á palpación e edema con induración.
  • Manifestacións cutáneas: edema cercano ao ollo que se pode estender a cara e pescozo, úlceras cutáneas asociadas a enfermidade grave, pel eritematosa, engrosada e descamativa nos cotenos (signo de Gottron).
  • Calcinose en pel, tecido celular subcutáneo e fascias intramusculares.
  • Outros: atrite simétrica, retinite, dor abdominal, hemorraxia, fenómeno de Raynauld...
 

3. TRATAMENTO

- Fisioterapia primeiro pasiva e logo activa cando a inflamación aguda baixe.
-Apoio psicolóxico.
-Exercicio e terapia física e ocupacional para identificar as causas da dor e controlar así a propia dor.
-Corticoides para evitar o problema da debilidade muscular e diminuír as enzimas musculares.
-Inmunosupresores cando a enfermidade non cura pasados uns dous meses ou cando fan falta moitas doses de corticoides para o control da dermatomiosite.


Fontes:




0 comentarios:

Publicar un comentario