Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

DIABETES MELLITUS

viernes, 20 de noviembre de 2015


                                                                           
1. QUE É E A QUE SE DEBE A DIABETES? 

A diabetes é unha enfermidade consistente en que os niveis de glicosa no sangue están moi elevados e que está directamente relacionada cos niveis de insulina producida polo páncreas.


O páncreas endócrino esta constituído polos illotes de Langerhans, nos cales diferenciamos catro células: as células α que secretan glicagón, as células β que son secretoras de insulina (polo tanto as que máis relación teñen coa enfermidade), as células delta que fabrican somatostatina, e as células P nas cales se forma o polipéptido pancreático.
Existen dous tipos fundamentais de diabetes que son:
  • Diabetes Mellitus tipo I: adoita darse en persoas xóvenes (de 30 anos para abaixo) e é consecuencia directa da destrución das células beta do páncreas.
  • Diabetes Mellitus tipo II: débese a unha resistencia á insulina. Pode estar asociada a unha deficiencia da mesma. A miúdo atopámonos con casos que presentan moi poucos síntomas pero durante moito tempo. É a forma máis extendida entre persoas maiores de 40 anos.

2. A DIABETES NO MUNDO. FACTORES DE RISCO

Segundo os estudos consultados, sábese que a diabetes afecta a entre un 10% e un 15% da poboación, non obstante, tamén se estima que por cada caso que se diagnostica, existe outro que non está diagnosticado, o cal é unha das grandes problemáticas desta enfermidade.
Os factores de risco que inflúen na aparición da diabetes multiplicáronse nos últimos anos, e en liñas xerais, podemos afirmar que son os seguintes:
  1. Idade: o risco de diabete tipo II aumenta coa idade.
  2. Historia clínica persoal: as persoas que xa tiveron algún tipo de problema relacionado co azucre no sangue no pasado, teñen maior risco de padecela.
  3. Xenética e estilos de vida compartidos (en relación coa vida familiar):
  4. Raza e grupo étnico: os afroamericanos, latinos, americanos nativos e asiáticos están máis predispostos a sufrir a patoloxía.
  5. Peso e tamaño de cintura: estes dous factores fan que a sensibilade do corpo á insulina sexa maior.
  6. Tabaco: aumenta os niveis de sangue do corpo e diminúe a capacidade do corpo de utilizar insulina, así mesmo, pode cambiar a forma corporal, producindo un incremento de graxa arredor da cintura o cal está estritamente relacionado coa diabetes.
  7. Alcohol, dieta inadecuada e sedentarismo: relacionánse co aumento de peso e cunha mala inxesta ou absorción de azucres.

3. SÍNTOMAS DA DIABETES

Todos os síntomas que presentan as persoas con diabetes están ligados aos niveis altos de azucre no sangue. Os máis característicos desta doenza son: visión borrosa, sede excesiva, fatiga, micción frecuente (glicosa nos ouriños), fame e perda de peso.
Moitas persoas con diabetes tipo II son asintomáticas durante moito tempo debido ao lento periodo de desenvolvemento da enfermidade, en cambio, os síntomas para as persoas que padecen a diabetes tipo I danse nun periodo moi curto e para o momento do diagnóstico xa poden posuír e padecer os signos máis comúns.
As complicacións no tempo que presenta a diabetes, danse moitos anos despois do diagnóstico e dan lugar a serios problemas tales como:
  • Problemas oculares (sensibilidade á luz, cegueira, visión dificultosa na escuridade).
  • Úlceras que incluso poden causar a amputación de extremidades. O caso máis coñecido e extendido é o chamado “pé diabético”.
  • Danos nerviosos (perda de sensibilidade, disfunción eréctil,...).
  • Problemas renais que poden derivar en insuficiencia renal.
  • Sistema inmunitario máis debilitado e ineficaz.
  • Aumento da probabilidade de sufrir un ataque ao corazón ou un ictus cerebral.

4. TRATAMENTO

En moitos casos, o mellor tratamento para a diabetes simplemente se basa nalgo natural, unha dieta equilibrada, saúdable e restrinxindo ou limitando a inxesta de certos alimentos
Non obstante, ademais disto, moitas persoas precisan un tratamento farmacolóxico o cal difire segundo o tipo de diabetes que presente o individuo.
Nalgúns casos o tratamento consistirá en pastillas (sulfonilureas), noutros nunha xeringa, nunha pluma, ou nunha bomba de insulina.


Fontes:

Apuntes de Fisioloxía Humana (1º Grao Enfermaría USC)





                                                                                                                                                        

0 comentarios:

Publicar un comentario