Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

ARTRITE SÉPTICA

miércoles, 2 de diciembre de 2015


1. DEFINICIÓN E CAUSAS

A atrite séptica é a inflamación dunha articulación causada por unha infección de tipo bacteriano ou micótico. Se este tipo de inflamación e causada polas bacterias que provocan a gonorrea, é denominada artrite gonocócica.
O desenvolvemento da enfermidade dáse cando microorganismos patóxenos minúsculos se propagan por vía sanguínea ata unha articulación, ou ben cando a articulación se infecta de forma directa trsa unha lesión ou cirurxía na zona. O xeonllo e a cadeira son os lugares máis comúns de desenvolvemento desta enfermidade.
No caso da artrite séptica aguda o estafilococo e o estreptococo son as bacterias causantes, e no referente á crónica (que é menos habitual) os microorganismos que con máis frecuencia a provocan son as bacterias Mycobacterium tuberculos e Candida albicans.
É unha enfermidade que se pode dar a calquera idade e no caso dos nenos, adoita aparecer antes dos 3 anos de vida.


2. FACTORES E SITUACIÓNS DE RISCO

O risco de padecer esta patoloxía vese incrementado nos seguintes casos:
  • Implantes artificiais de articulacións
  • Infeccións de outras partes do organismo que se poden estender
  • Diabetes, artrite reumantiudea e enfermidade drepanocítica
  • Consumo de drogas de administración intravenosa
  • Tratamentos inmunosupresores
  • Traumatismos recentes nunha articulación e/ou cirurxías recentes

3. SÍNTOMAS 

A dor (pode ser moderada ou intensa) en toda a articulación, o movemento limitado, o derrame articular, calor e eritema na articulación danada, febre, inflamación e inchazón articular e irritabilidade (en nenos), son os principais síntomas nunha persoa que sofre a enfermidade.



4. DIAGNÓSTICO

Ademais dos síntomas específicos de cada artite, como por exemplo a secreción xenital, as marcas vermellas nos tendóns da man e as pequenas "ampollas" con pus nas persoas con artrite relacionada co gonococo, a confirmación do diagnóstico para a artrite séptica faise a través dun análise de sangue ou dunha toma de mostras de fluídos articulares para saber se hai ou non infección. No caso de que a infección sexa causada por unha bacteria, o as probas do líquido articular son de gran utilidade, pois indentifícase a bacteria e consecuentemente o médico poderá receitar así un antibiótico específico segundo o patóxeno causante da artrite.


5. TRATAMENTO

Para tratar a infección usaranse antibióticos específicos segundo o tipo de microorganismo que a cause.
Ademais é moi importante e de gran axuda que o enfermo descanse levantando a articulación danada por enriba do nivel do corazón e poñéndolle enriba compresas frías, o que axudará a paliar a dor. No caso de que o líquido sinovial se acumulase en grandes cantidades, porcederíase á aspiración deste mediante a introdución dunha agulla na articulación, e, en casos máis graves de acumulación de líquido valoraríase a cirurxía como posible opción de drenaxe.
Cando a articulación comece a mellorar e a infección se vaia reducindo, exercitala é un hábito recomendable para acelerar a súa recuperación. 


Fontes:








0 comentarios:

Publicar un comentario