Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

SÍNDROME DE RASSMUSEN

sábado, 12 de diciembre de 2015


A Síndrome de Rassmussen é unha inflamación cerebral, é dicir unha encefalite, cuxa causa se descoñece e que presenta unha epilepsia que non se pode tratar.
Adoita aparecer a idades temperás, nun rango de idade que oscila entre os 3 e os 12 anos. A enfermidade ven marcada por numerosas crises nas que o paciente sofre epilepsia durante un tempo moi prolongado (días, semanas ou meses), no cal realiza movementos incontrolados de pés e/ou mans xeralmente. Ademais, as convulsións tamén son frecuentes nestas crises. Pouco e pouco, vaise debilitando un lado do corpo ata que tras moito tempo e moita debilitación progresiva, se chega á parálise dunha extremidade. 
Ademais das consecuencias físico-fisiolóxicas, atopámonos con problemas de conduta e aprendizaxe, e é que este tipo de encefalite fai que o coeficiente intelectual da persoa afectada diminúa.
É fundamental á hora de tratar esta patoloxía, que o diagnóstico sexa rápido e eficaz, pois cunha cirurxía a tempo pódese frear a epilepsia.
O tratamento en sí consiste en primeiro lugar na inxesta de antiepilépticos, corticoides e/ou inmunoglobulinas por vía sanguínea (cada 2-3 meses). Este tratamento utilízase ata que comeza a haber parálise e se perden as capacidades funcionais dalgunha extremidade, a partir de aí realízase unha operación que consiste en desconectar os hemisferios cerebrais e que adoita ter éxito (nun 70% dos casos sae ben). Así evítase máis perdas funcionais de partes do corpo, aínda que xa sexan irrecuperables as capacidades da extremidade que xa quedou afectada.


Fontes:


http://www.infodoctor.org/infodoc/epilepsia-bcn/sindromes.html



http://www.revneurol.com/sec/resumen.php?id=98701




http://www.todosobreepilepsia.com/index.php?option=com_content&task=view&id=249&Itemid=269





0 comentarios:

Publicar un comentario