A cirurxía de separación de xemelgos siameses ten diferentes graos de complicación segundo o lugar por onde están unido os irmáns e as partes/órganos que comparten. Normalmente, hai un elevado risco de morrer nesta operación para a lo menos un dos suxeitos xa que en moitos casos están unidos pola cabeza ou compartindo algún importante órgano vital.
Os feitos históricos máis importantes polo que supuxeron no seu momento e como esperanza para ocasións futuros, foron a primeira separación de siameses que compartían un órgano vital levada a cabo por Bertram Katz e o seu equipo de operación (1957) e a primeira separación de xemelgos siameses que estaban unidos pola parte posterior da cabeza, a cal foi levada a cabo polo famoso neurociruxano Ben Carson. As operacións anteriores a estes feitos foran fallidas xa que en todas morrera polo menos un dos dous irmáns.
Precisamente o gran problema ético que se nos presenta ante un caso de cirurxía para a separación de siameses, é o que pode facer complicado tomar unha decisión con respeto á operación. Vivir cunha calidade de vida mediocre e sen intimidade ou intentar mellorar esa calidade de vida e arriscarse a que morra un os dous irmáns? Se nos facemos esta pregunta e reflexionamos sobre ela podémonos poñer por un instante na pel dos pais que teñen fillos siameses. Anímovos a que o fagades!
Fontes:
http://www.clasa-anestesia.org/revistas/venezuela/HTML/VenezuelaManejo_Anestsico_En_Ciruga_Para_.htmhttp://www.ecured.cu/Benjamin_Carson
https://www.youtube.com/watch?v=SJb_tNuRpsw
0 comentarios:
Publicar un comentario