INTRODUCIÓN
Para que o sangue flúa nun sentido e non haia refluxo dentro das cámaras do corazón e cara as principais arterias, existen unhas válvulas que exercen esta función, abríndose o xusto para que o sangue poida seguir o seu camiño e pechándose para que posteriormente non reflúa. Así, o corazón consta de catro válvulas que son a aórtica, a mitral, a tricúspide e a pulmonar. A válvula que é reemprazada con máis frecuencia é a aórtica xa que non pode ser reparada.
PROCEDEMENTO
A cirurxía das válvulas cardíacas é un procedemento usado para reparar e/ou reemprazar válvulas cardíacas que están danadas ou teñen algún defecto.
Para comezar, previa á cirurxía, administraráselle unha anestesia xeral ao paciente. Cómpre destacar que este tipo de cirurxía cambia segundo a forma en que se realice.
No caso de que sexa unha cirurxía aberta só se realizará unha incisión grande no esternón que chegue ata o corazón e a aorta e o paciente estará conectado a un sistema de circulación fóra do corpo (extracorpóreo) que fai o traballo dun corazón normal mentres o outro esté inoperativo.
Hai máis formas de operar ademais de a corazón aberto que apenas son invasivas, isto é mediante minúsculas incisións ou por un catéter que se mete a través da pel (por exemplo: laparoscopia e cirurxía percutánea).
- Nos poucos casos en que se pode reparar válvula aórtica é común que se faga unha anuloplastia con anel, isto é, o cirurxián sutura un anel metálico ou de tea para arreglar a parte anular que se atopa arredor da válvula danada.
- Reparación valvular: consiste reconstrución cirúrxica de unha ou máis das 3 valvas que forman a válvula. Adóitase usar para a mitral e a tricúspide e no caso de que estén demasiado danadas, farase unha cirurxía de reemprazo colocando unha válvula nova no lugar da danada que pode ser:
- Mecánica: feita de aceiro inoxidable, titanio ou cerámica. Son as que máis duran, pero o paciente deberá tomar anticoagulantes toda a vida despois da operación.
- Biolóxica: feita de tecido humano ou animal. Duran entre uns 12 ou 15 anos pero evítase que o paciente tome anticoagulantes toda a súa vida. É moi coñecido o procedemento de Ross, que consiste en cambiar a válvula aórtica defectuosa pola válvula pulmonar, que posteriormente se reempraza por unha artificial, evitando así o uso de anticoagulantes de por vida.
Os problemas polos cales se precisa este tipo de cirurxía, están relacionados co mal peche da válvula que permite que o sangue reflúa (regurxitación) e/ou ca mala apertura da válvula que impide que o sangue circule cara adiante (estenose). Estes dous fenómenos traen complicacións e problemas derivados, motivos polos cales se realiza este tipo de cirurxía: insuficiencia aórtica, estenose aórtica, enfermidade conxénita de válvulas cardíacas, regurxitación mitral crónica, estenose da válvula pulmonar, regurxitación tricúspide...
Fontes:
https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002954.htm
http://salud.univision.com/es/enfermedades-y-condiciones/cirug%C3%ADa-de-v%C3%A1lvulas-card%C3%ADacas
http://www.texasheart.org/HIC/Topics_Esp/Proced/vsurg_span.cfm
http://holadoctor.com/es/enfermedades-y-condiciones/cirug%C3%ADa-de-v%C3%A1lvulas-card%C3%ADacas
https://www.youtube.com/watch?v=4Izf4MlGD7Q
0 comentarios:
Publicar un comentario