Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

TRANSPLANTE CARDÍACO

domingo, 13 de diciembre de 2015


O transplante cardíaco é a intervención cirúrxica consistente en reemprazar o corazón dunha persoa cunha miocardiopatía terminal, por outro dunha persoa xa falecida.
Polo xeral o transplante de corazón indícase en pacientes que teñen insuficiencia cardíaca terminal, mala calidade de vida, risco elevado d morte súbita e pronóstico de expectativas vitais de menos dun ano de vida. Normalmente estas indicacións dánselle a persoas que teñen enfermidades coronarias e que xa sufriron máis dunha vez infartos agudos de miocardio, así como (aínda que en menos medida) por miocardiopatías secundarias ou enfermedades das válvulas cardíacas con danos irreparables.
Toda cirurxía de reemprazo de órganos conleva uns riscos asociados algo diferentes dos de outras clases de operacións. Ademais dos riscos da anestesia (reacción aos medicamentos e/ou problemas de respiración) e dos riscos de calquera outra cirurxía (infección e/ou sangrado excesivo), existen uns riscos específicos dos transplantes:

  • Coágulos de sangue
  • Dano a certos órganos vitais (fígado e riles) debido aos medicamentos antirrexeitamento, os cales tamén implican un risco de cancro, diabete e adelgazamento dos ósos
  • Ataque ao corazón ou accidente cerebrovascular
  • Alteracións rítmicas no corazón
  • Rexeitamento do corazón por parte do noso propio organismo
  • Arteripatía coronaria grave




Fontes:



https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/003003.htm



http://www.bing.com/images/search?q=transplante+de+coraz%C3%B3n&view=detailv2&&id=CEAB9942A52442217004BF1DC87939FA55127CE3&selectedIndex=2&ccid=fXX6vpZG&simid=607993204720340094&thid=OIP.M7d75fabe964629d82148845802246f01o0&ajaxhist=0



http://www.texasheart.org/HIC/Topics_Esp/Proced/hearttx_sp.cfm



http://www.cun.es/enfermedades-tratamientos/tratamientos/trasplante-cardiaco














0 comentarios:

Publicar un comentario