TRAUMATISMO CRANEOENCEFÁLICO GRAVE (TCE)
martes, 15 de diciembre de 2015
Un traumatismo craneoencefálico consiste en que unha forza externa exercida sobre o cerebro fai que este se vexa afectado e nel se poidan producir diminución ou disfunción do nivel de conciencia, alterando desta forma as capacidades do individuo nos ámbitos cognitivo, emocional e físico.
O traumatismo creaneoencefálico prodúcese habitualmente por contusións que afecta ás estruturas óseas do cráneo, e representa un problema de saúde grave, principal causa de morte e discapacidade na xente xoven (accidentes automovilísticos, laborais/domésticos, caídas, agresións,..).
Nas fases iniciais, o edema cerebral e a perda de conciencia derivada del, son os síntomas máis notables e os que determinarán a gravidade do dano cerebral.
Así, profundizando no TCE grave, cabe dicir que os pacientes con este grao de gravidade están en coma, cos ollos pechados e con importantes lesións neurolóxicas. Adoitan presentar fractura no cráneo e hemorraxia. Nestes casos, o paciente permanecerá na UCI onde o control da vía aérea, a ventilación mecánica e a monitorización da presión intracraneal serán os coidados prioritarios para intentar controlar ao individuo e intentar que non empeore. Habitualmente, a recuperación destes pacientes é moi longa e non adoita ser unha recuperación total, por iso, unha porcentaxe ampla con TCE grave non consigue sobrevivir máis dun ano.
Fontes:
http://www.neurorhb.com/traumatismo-craneoencefalico.html
http://www.medicrit.com/Revista/v2n7_05/V2N7_107.pdf
http://www.medynet.com/usuarios/jraguilar/Manual%20de%20urgencias%20y%20Emergencias/traucra.pdf
Publicado por
Unknown
en
martes, diciembre 15, 2015
Enviar por correo electrónico
Escribe un blog
Compartir en X
Compartir con Facebook
Etiquetas:
perda de consciencia,
TCE,
traumatismo craneoencefálico severo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario