INTRODUCIÓN: TIPOS DE QUEIMADURAS
- De primeiro grao: só está afectada a capa externa da pel e polo tanto apenas son graves.
- De segundo grao: máis dolorosas ca as de primeiro, chegan a danar unha das capas da derme, pero o tecido rexenérase aos 15 días.
- De terceiro grao: son as máis graves, precisan da atención inmediata dun médico e as capas da pel están todas afectadas. A única forma de tratalas é mediante un implante de pel.
CIRURXÍA
A día de hoxe hai evidencia de que as intervencións cirúrxicas son a mellor opción ante queimaduras que pertencen ao terceiro grao e son polo tanto graves. Cunha resección cirúrxica dos tecidos afectados, evitamos riscos coma a sepse, desequilibrios hidroelectrolíticos, controlamos a dor e favorecemos e axilizamos a recuperación das funcións do tecido queimado.
É moi importante que esta terapia cirúrxica peche a ferida dun xeito eficaz e pouco perigoso englobado dentro dun protocolo cordinado, serio e especializado.
Así mesmo, cabe destacar que moitas persoas que resultan agresivamente queimadas teñen problemas psicolóxico-emocionais, pola vergonza e o medo ao rexeitamento da sociedade, polo que tenden a non querer relacionarse con outras persoas. Por iso, as intervencións cirúrxicas que hai hoxe en día para tratar estas queimaduras, son moi importantes non só no aspecto físico-funcional se non tamén na prevención das secuelas psicolóxicas que o paciente puidera ter xa que ademais da devolución das funcións tamén se intenta sempre e se consegue nos máis dos casos, recupear o aspecto natural da pel da persoa afectada.
0 comentarios:
Publicar un comentario