1. DEFINICIÓN E CAUSAS
A osteomielite é unha infección do óso causada por bacterias, fungos ou outros microorganismos. Estes patóxenos poden chegar ao óso dende a pel, músculos ou tendóns próximos a el; pode estenderse dende outro lado do corpo a través do torrente sanguíneo; e tamén pode ser unha consecuencia dunha cirurxía ósea (por exemplo na que se colocan variñas ou placas de metal no óso.
As zonas máis afectadas en nenos por esta patoloxía son os ósos longos de pés e mans, e en adultos, os ósos dos pés, as vértebras e a pelve,
2. FACTORES DE RISCO
Entre os principais factores que favorecen o risco de padecer esta enfermidade, destacamos os seguintes:
- Diabetes
- Hemodiálise
- Deficiente irrigación sanguínea
- Lesión recente
- Consumo de drogas ilegais (sen receta) inxectadas
- Persoas ás cales se lles extirpou o bazo
3. SÍNTOMAS PRINCIPAIS
Nalgúns casos a osteomielite pode non producir síntomas claramente identificados como tales ou que dan lugar a confusión con outras doenzas. Nestes casos, se o paciente nota un notable empeoramento de dor ósea e febre ou tivo unha lesión ou operación recente, debe consultar ao médico.
Os signos e síntomas máis comúns desta enfermidade son: a febre e os calafríos, irritabilidade (sobre todo en nenos pequenos), dor ósea e na zona da infección, suoración excesiva, fatiga e malestar xeral, inchazón local, calor e rubor na zona, e inchazón de nocellos, pés e pernas.
4. DIAGNÓSTICO
- Análises de sangue: os niveis altos de glóbulos brancos poden indicar que hai unha infección, e no caso de que haia osteomielite derivada de infección sanguínea, coa análise pódese detectar o antíxeno culpable.
- Probas de imaxe: raios-x (revela danos recentes, se pasaron moitas semanas, non é eficaz), tomografía computarizada (TC) que combina imaxes tomadas desde diferentes ángulos, e resonancia magnética (IRM) que produce imaxes totalmente detalladas das estructuras óseas e os tecidos circundantes.
- Biopsia ósea: é o proceso de máis utilidade para diagnosticar a osteomielite. Con el coñécese ademais o patóxeno que causa a infección. Desta forma o médico poderá elixir un atibiótico específico segundo o xerme, O procedemento para a biopsia consiste en anestesia e cirurxía, aínda que nalgúns casos cehga con anestesia local e a inserción dunha agulla que atravesa a pel e chega ao óso para tomar a biopsia.
5. TRATAMENTO
O tratamento para os pacientes que cursan esta infección, adoita ser de dous tipos, ou ben mediante a administración de antibióticos ou mediante cirurxía.
No caso dos antibióticos, elixirase un antibiótico específico segundo o xerme que foi atopado na biopsia e que está causando infección. A vía máis típica de administración nestes casos é a intravenosa.
No que á cirurxía respecta, destacan varios procedementos segundo a gravidade e o tipo de infección. Así poden consistir na drenaxe da área infectada, na eliminación dos ósos enfermos e o tecido danado (desbridamento), na restauración do fluxo sanguíneo do óso (mediante un inxerto que axuda a reparar os vasos e a forma), en retirar calquera obxecto estraño (xeralmente colocado nunha operación previa) e como última opción está a amputación do membro.
Drenaxe e limpeza dun fémur con osteomielite
Fontes:
http://osteomielitis.org/
https://www.youtube.com/watch?v=Zk2xLWWUcCk
http://escuela.med.puc.cl/publ/OrtopediaTraumatologia/Trau_Secc03/Trau_Sec03_02.html
0 comentarios:
Publicar un comentario