Blog creado polos alumnos de segundo curso de Enfermaría da USC; Carmen, Sonia, David e Xulio. Nel imos a falar dunha serie de enfermidades graves basándonos nunha lista da Seguridade Social.

FIBROMIALXIA

lunes, 7 de diciembre de 2015


1. QUE É? AXENTES CAUSANTES

A fibromialxia é unha síndrome que lle dá dor intenso e prolongado á persoa que a padece. Esta dor esténdese ademais por todo o corpo e a ela veñen asociada a fatiga, alteracións no ciclo sono-vixilia, dor de cabeza e ansiedade. A sensibilidade nas articulacións, músculos, tendóns e máis tecidos brandos tamén é moi frecuente nas persoas que padecen a enfermidade.
A causa da aparición da enfermidade é completamente descoñecida, malia todo, sábese que hai certos factores que teñen relación con dita aparición. Así, o desequilibrio dos neurotransmisores do sistema nervioso (vese afectada a regulación da dor), a alteración dos niveis de substancias coma a serotonina ou o triptófano, a alteración na chegada do fluxo sanguíneo a certas partes do cerebro, a predisposición xenétia (aparece nun 28% de fillos de persoas diagnosticadas e nun 8,5% de familiares directos) e/ou outros factores desencadeantes (infeccións crónicas, víricas, enfermidades musculares,...) sábese que gardan relación coa aparición desta patoloxía.


2. SÍNTOMAS

O síntoma por excelencia da fibromialxia é a dor, crónica e propagada por case todo o corpo, sobre todo zonas musculares da columna, as extremidades, cadeira,... Polo xeral, esta dor adoita ser continua, cambiante no tempo e con agravamento no caso de que o paciente non cambie de postura.
A fatiga de tipo física e psicolóxica tamén é un síntoma moi común desta enfermidade, así coma a alteración do sono, que ven condicionada pola dor e a intensidade da enfermidade.
Á marxe destes tres síntomas fixos e xa citados, existen outros síntomas que poden aparecer en persoas que teñen a enfermidade, son os seguintes:
  • Rixidez muscular e contracturas
  • Intestino irritable
  • Aumento de suoración, palpitacións
  • Intolerancia a fármacos e substancias químicas
  • Sequedade en ollos e boca
  • Problemas de memoria, ansiedade ou estado anímico
  • Mareos

3. DIAGNÓSTICO


Hoxe en día non existen probas específicas para diagnosticar a fibromialxia, polo que o diagnóstico diferencial da enfermidade se fai baseándose no tipo de dor (crónica, xeralizada e musculoesquelética), na ausencia de outra enfermidade que puidese causar esa dor e na existencia de numerosos puntos especialmente sensibles á dor en sitios característicos e definidos (hai 18 puntos, e un paciente non se considera afectado de fibromialxia se non ten a lo menos 11 deses 18).


4. TRATAMENTO

No que respecta ao tratamento farmacolóxico, cabe dicir que certas doses moderadas de AINEs poden ser convenientes para reducir a dor o máximo posible. Ademais, medicamentos que facilitan un sono profundo (actúan elevando os niveis de serotonina, noradrenalina, ou ambos) e axudan a relaxar os músculos, antidepresivos, ou a axuda complementaria da Herba de San Xoán (que é un antidepresivo natural e sen efectos secundarios) que non se pode tomar se se está facendo uso doutros antidepresivos e sen consultar co médico, son outro tipo de medicamentos utilizados en casos de persoas afectadas pola fibromialxia.
A outra parte do tratamento é de tipo non farmacolóxico e inclúe o exercicio e actividade física ademais de outras técnicas como a terapia ocupacional, a terapia cognitiva ou suplementos alimenticios que supoñan un plus de nutrientes celulares (o Mg é moi usado). 


Fontes:
https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000427.htm



http://www.espondilitis.eu/Fibromialgia_Diagnostico.html



http://www.webconsultas.com/fibromialgia/fibromialgia-548




http://www.niams.nih.gov/Portal_En_Espanol/Informacion_de_Salud/Fibromialgia/default.asp

0 comentarios:

Publicar un comentario