1. DEFINICIÓN DE NEUMONÍA E CAUSAS
Coñécese como neumonía a unha inflamación de orixe infecciosa do parénquima pulmonar, que afecta a estruturas tales como os alvéolos, os bronquiolos terminais e o espazo intersticial próximo. Nas persoas enfermas de neumonía, os alvéolos conteñen líquido e pus, o que dificulta a respiración e causa dor. Pode estar causada por virus, bacterias ou fungos. Esta enfermidade é causante dun 15% de todas as mortes de nenos menores de 5 anos de idade e ten unha prevalencia maior na África Subsahariana e na Asia meridional.
A forma de chegada do axente patóxeno aos pulmóns pode ser por aspiración nasal ou farínxea, por inhalación, ou a través do sangue. A bacteria máis frecuente que provoca esta patoloxía é a Streptococus pneumoniae, máis coñecida como nemococo, e un coñecido virus como é o da gripe, é o axente vírico máis común que causa a neumonía.
2. SÍNTOMAS
Existe unha gran variabilidade de síntomas de neumonía.
Nas denominadas neumonías típicas aparece expectoración purulenta (a veces tamén sanguinolenta), dor torácica, febre e calafríos.
Nas chamadas neumonías atípicas, obsérvanse síntomas máis graduais, entre os cales se atopan: unhas décimas de febre, malestar en xeral, dores musculoarticulares e dor de cabeza, fatiga e tos seca sen expectoración.
O normal nas persoas diagnosticadas desta enfermidade é que presenten síntomas de ambos grupos.
A complicación máis perigosa da neumonía dáse cando os xermes pasan ao sangue e se produce así unha bactericemia, a cal pode dar lugar a un shock séptico que porá en risco a vida do paciente.
3. DIAGNÓSTICO
Ademais dos síntomas xa tratados, para diagnosticar a neumonía utilízanse diferentes probas médicas que corroboren que os síntomas son causados pola enfermidade:
- TAC: en casos complicados, nos que haxa dúbidas e se valore a probabilidade de tumor.
- Probas de laboratorio: análises de sangue e ouriños e niveis de osíxeno sanguíneo.
- Técnicas non invasivas como recollida de mostras de sangue, ouriños e esputos para realizar cultivos e identificar o xerme, o que permitirá despois receitar ao afectado un antibiótico específico.
- Técnicas invasivas como a toracocentese ou a broncoscopia.
4. TRATAMENTO
A forma máis habitual de tratar a neumonía bacteriana que é a maioritaria, é con antibióticos que se adoitan administrar por via oral e son receitados nos centros de saúde.
Fontes:
https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/003857.htm
https://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/003420.htm
http://www.webconsultas.com/neumonia/diagnostico-de-una-neumonia-646
http://www.dmedicina.com/enfermedades/respiratorias/neumonia.html
http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs331/es/
http://escuela.med.puc.cl/publ/boletin/neumonia/Neumonia11.html
http://www.spao.es/documentos/boletines/pdf-boletin-seccion-34-secciones-55400.pdf
0 comentarios:
Publicar un comentario